Rúa Antonia Ferrín Moreiras nº 17
36500 Lalín, Pontevedra
Telf. 986 78 18 97 · Fax 986 78 70 43
info@residenciadasdores.es
 

Fondo Social Europeo

A Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca (APALC) – “Residencia As Dores”, leva traballando por e para os maiores dende o ano 1982; actualmente conta con 92 prazas para o servizo de residencia e 40 prazas para o servizo de centro de día.

Dende o ano 2011 temos implantado o sistema de xestión da calidade ISO 9001:2015 e UNE 158101:2015 porque pretendemos traballar cada día co obxectivo de mellorar a calidade dos servizos prestados e a atención diaria dos nosos usuarios dos nosos servizos.

No mes de novembro de 2019, a Consellería de economía, emprego e industria da Xunta de Galicia, a través dos programas de cooperación para incentivar o emprego de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para entidades sen ánimo de lucro, outorgounos una subvención pola que puidemos levar a cabo a contratación de dous xerocultor@s durante sete meses a xornada completa. Esta axuda esta cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil e nos permitirá desenvolver o programa “Mellora da atención diaria dos nosos usuarios de residencias e centro de día”.

Os obxectivos deste programa é a contratación de persoal para:

– Atender aos novos maiores que ingresen no servizo de residencia.

– Mellorar a atención diaria dos nosos usuarios do servizo de residencia e centro de día.

– Ofrecer un servizo coa máxima calidade aos nosos usuarios.

– Apoiar aos usuarios do servizo de residencia e centro día para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria.

– Reforzar o equipo de profesionais (servizo de atención diaria) do centro tras 30 anos en funcionamento.

– Formar ao persoal contratado nos servizos prestados na residencia e no centro de día.

Os resultados que pretendemos obter son:

– Novos usuarios que ingresan no centro ben atendidos.

– Servizo de atención diaria da entidade mellorado tras a contratación de dous novos traballadores.

– Servizo residencial de calidade prestado coa máxima calidade.

– Usuarios que reciben o apoio necesario por parte de profesionais no seu día a día.

– Entidade que conta cun equipo de profesionais adecuado para a prestación dos servizos pola súa tipoloxía, características e número de persoas atendidas.

– Persoal contratado formado tras sete meses de traballo na asociación, que conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento do proxecto e unha longa traxectoria na atención de persoas maiores.